Top

Avaliación de arboredo

01Previamente a calquera actuación no arboredo, debemos ter en conta numerosos aspectos determinarán o modo de actuación e o resultado do noso traballo.

Mediante unha análise visual, interpretaremos os signos externos que presenta a árbore, para realizar unha diagnose do seu estado, tendo en conta aspectos biomecánicos, fitopatolóxicos e fisiopatolóxicos.

Cando sexa preciso, completaremos a análise coa utilización de aparellos de diagnose como os resistógrafos, Picus, Arbotom, fractómetro,…

Non podemos esquecer analizar o entorno no que desnvolveremos a nosa actividade,con especial atención á seguridade e prevención de riscos.

Todas estes aspectos, xunto cunha execución correcta na xestión do arboredo, darán como resultado uns arboredos saneados para disfrute de todas.

Ver máis información onlineDescargar máis información en PDF