Neste apartado veremos vídeos con métodos de trepa nos que se empregan únicamente nós.
Comezamos co sistema tradicional ou pechado no que non utilizamos cordello ou cordino, para continuar con exemplos do sistema de cola dividida no que si se emprega.
Dentro destes exemplos podemos ascender co body-trust, que consiste en trepar apoiando os pés no tronco, e o ascenso a pulso. Tamén veremos cómo cando non podemos apoiar os pés, nos podemos axudar coa chamada presa de pé, aforrando o esforzo dun ascenso únicamente a pulso.
Coa técnica de body-trust o que facemos é elevar a cadeira á vez que tiramos da corda cara abaixo quedando o nó perto do noso corpo, nese momento deslizamos o nó de fricción cara arriba, sendo ese tramo de corda no que deslizamos o nó o que avanzamos cara arriba. Así, ascendemos polo tronco como se fósemos andando por el.
Para ascender a pulso, axudámonos tamén dun movemento de cadeira que nos dá un pequeno impulso.
Cando empregamos unha polea para que empuxe o nó no ascenso, tiramos varias veces da corda avanzando e despois recollemos corda, nembargantes, cando non usamos a micropolea empúxase o nó a cada tirón da corda. Para que non teñamos que estar recollendo a corda, un compañeiro pode tirar da corda de trepa dende terra e así nos limitamos a tirar da corda para avanzar.
Trepa con distal a pulso
Trepa con prussik método body-trust
Trepa con blake método body-trust
Trepa con blake a pulso
Trepa con blake e presa de pé
Trepa con distal método body-trust
Trepa con sistema pechado ou tradicional
Trepa con valdotain método body-trust
Trepa con valdotain a pulso
Trepa con valdotain con axuda
.