A función máis salientable destes nós é a de permitir ó podador o ascenso pola corda de trepa, por iso tamén se lles denomina nós de trepa. Estes nós funcionan bloqueándose cando son sometidos a unha carga e deslízanse pola corda de trepa cando son liberados de dita carga, deste xeito permiten o avance.
Existe unha amplia gama de nós de fricción que van dende o clásico prussick a outros máis modernos como o blake, pero é moi importante unha boa execución dos nós porque senón correse o perigo de caídas, ademáis no caso do prussick cando as cordas se separan na parte alta ó rodear unha póla grosa, córrese o perigo de que se deslice cara abaixo.
Non debemos esquecer que o diámetro do cordello co que facemos o nó de fricción debe ser menor que o da corda de trepa para mellorar o agarre.
Blake
Distal con polea
Distal
Klemheist ou Machard
Michoacan
Nó de boza-tautline hitch
Prussik
Schwabisch
Valdotain treese con polea
Valdotain-valdostano
.