Nós para encordarse son aqueles que permiten a unión do podador coa súa corda, normalmente atándose a un mosquetón que fai de conexión entre a corda e o arnés.
Estes, como o mor dos nós, poden desenvolver moitas outras funcións, por exemplo, o nó de bolboreta alpina ou mariposa, un clásico para encordarse entre escaladores, que empregaremos para fixar a corda no alto cando trepamos coa corda fixa á base do tronco empregando a técnica que chamamos dunha soa corda (TSC).
No caso do as de guía, o remate Josemite, que consiste en pasar o extremo sobrante, por dentro do ollo ou gaza, faino moito máis seguro, e no caso de empregalo nun sistema pechado, a corda queda mellor dirixida para facer despois o nó de fricción.
As de guía dobre ollo rematado yosemite
As de guía remate yosemite
Bolboreta alpina-mariposa-butterfly
Buntline hitch
Corredizo
Nó de rizón ou áncora-anchor hitch
Oito dobre
.