Podas Gallaecia
Esta páxina forma parte do Proxecto Fin de Ciclo correspondente ao Título de Técnico de Grao Superior de Paisaxismo e Medio Rural, impartido no CFEA de Guísamo, A Coruña. Sendo este un ciclo de nova implantación, os autores da páxina serán a primeira promoción que acada dita titulación. O proxecto está titorado por Lois Arenas e co-titorado por Xosé Antón Meixide, que imparten, entre outras, materias relacionadas coa arboricultura e a froiticultura.
Aparte do Manual técnico de poda de altura, o proxecto abrangue unha parte de poda de froiteiras, concretando nos diferentes tipos de froita (pebida, oso, froitos secos), e o plan de empresa de “Podas Gallaecia” especializada en poda.
Os autores, Alberte Carballido, Carlos López e Jaime Pardo, queremos agradecer a axuda e os ánimos recibidos por parte de:
- Os nosos mestres, especialmente Lois e Tonecho.
- Pedro Arenas de Ingenyus, polo deseño da páxina.
- Técnica Arbórea Galega (ARTEC) .
- Almudena e Fuco por permitirnos asasinar as súas thujas e polas empanadas.
- Ricardo García e A Rexouba pola súa colaboración nalgúns dos temas musicais.
Ricardo (gaita, tamboril e zanfoña), Andrea (gaita), Antón (tamboril, pandeireta) e Xulián (tamboril)